|
24/02/2010
XA QUEDAN MENOS DE 200 PRAZAS PARA PARTICIPAR NOS ROTEIROS PARA A XUVENTUDE
|
|
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado está ultimando a organización de "Os roteiros para a xuventude", unha actividade lúdica, medioambiental e de aventura na que participarán máis de 1.000 mozos e mozas de toda Galicia de entre 18 e 30 anos. En menos de quince días esgotáronse xa máis de 800 prazas, polo que aqueles que queirades participar tendes que darvos présa en anotarvos.
|
|
|
|
02/03/2010
A XUNTA PRESENTA O PROGRAMA "XUVENTUR", QUE OFRECE 1.500 PRAZAS A MOZOS GALEGOS PARA ESTADÍAS MULTIAVENTURA EN CASAS DE TURISMO RURAL
|
|
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, e mais a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López presentaron hoxe o programa Xuventur, organizado pola Xunta de Galicia para promover o turismo rural entre a mocidade galega. A iniciativa terá lugar nas fins de semana dos meses de abril, maio e xuño e nela poderán participar todas aquelas persoas que teñan entre 18 e 35 anos.
|
|
|