|
31/05/2007
TRÁMITES PARA FACER OS ESTATUTOS
|
|
O primeiro e máis importante para organizar unha asociación é TER MOI CLARO entre todas as persoas que queren facela PARA QUÉ se queren asociar, e CALES SON OS OBXECTIVOS que queren alcanzar; merece a pena dedicarlle o tempo que faga falta para que isto quede ben definido e enmarcado como EIXO fundamental da asociación.
Xa definido e asumido por todos/as o anterior, hai que dedicarlle tempo e reflexión á elaboración dos estatutos que van ser os que marquen o desenvolvemento da asociación en todos os aspectos: especifican no seu articulado o nome, fins, as súas actividades, ámbito de actuación, o tipo de socios/as, os órganos de goberno, etc. Unha vez estudados, discutidos e finalmente acordados entre todos/as os socios fundadores e digamos que xa con "corpo de lei" a asociación, redáctase e fírmase por todos/as a ACTA FUNDACIONAL e empézase o proceso administrativo
|
|
|