Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 emancipación xove

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora


Cuotas e documentación

Imaxe principal do artigo ou noticia

Documentación e requisitos

Os participantes seleccionados deberán presentar a seguinte documentación:

- Xustificación do pagamento.

- Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.

-Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.

- Cuestionario médico-sanitario (anexo III da orde de convocatoria).

- Declaración responsable de que sabe nadar.

- Fotocopia compulsada do título de familia numerosa, de ser o caso.

- Fotocopia do carné xove, de ser o caso.

O prazo para presentar esta documentación comprende do 23 de abril ao 6 de maio de 2010, ambos os dous inclusive. No caso de que a referida

documentación non fora presentada no prazo indicado a praza será ofrecida á persoa que se atope no primeiro lugar da lista de espera correspondente.

Devolución de cotas

Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente o interesado non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución da cota no

caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos 20 días naturais antes do inicio da actividade, ou cando, por causas non imputables ao interesado, non se preste o servizo ou a Administración anule a actividade.

As solicitudes de devolución de cota que non cumpran co anterior serán denegadas, independentemente da causa xustificativa que se alegue na respectiva solicitude de devolución de cota.

A solicitude deberá dirixirse ao delegado/a provincial da Consellería de Traballo e Benestar da provincia onde se vai desenvolver a actividade, ou ao director xeral de Xuventude e Voluntariado no caso das actividades que se desenvolvan fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, que serán os órganos encargados de resolver en cada caso.

Para estes efectos, os interesados dispoñen dun modelo normalizado de solicitude de devolución de cota na orde de convocatoria (anexo V), que tamén poderán solicitar na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ou nos servizos de Xuventude e Voluntariado das delegacións provinciais da Consellería de Traballo e Benestar.

Descontos

- Dun 50% para membros de familia numerosa.

- Dun 25% para os usuarios de carné xove.

O desconto do 50% para membros de familia numerosa deberá ser acreditado coa presentación dunha fotocopia compulsada do título de familia

numerosa.

Os descontos citados en ningún caso serán acumulables.

Equipamento necesario

Útiles de aseo, roupa axeitada, roupa usada e cómoda, roupa de abrigo e chuvia, luvas, roupa deportiva, calzado forte e cómodo, sombreiro ou gorra, roupa de baño, calzado deportivo e saco de durmir.

Información anexa

Orden 23 febrero, Diario oficial de Galicia (formato PDF)

2009
Xunta de Galicia
Conselleria de Traballo e Benestar