|
10/03/2010
CAMPAMENTO XUVENIL POLA DE GORDÓN (León)
|
|
La Pola de Gordón atópase entre La Robla e o costado meridional da Cordilleira Cántabro-Astúrica. Toda a comarca de Gordón está surcada de norte a sur polo río Brenesga.
O campamento está nos arredores do pobo. Conta con pista polideportiva, piscina e instalacións fixas de aseo e comedor.
ENDEREZO:
Campamento xuvenil Pola de Gordón - Carbonera.
24600 LA POLA DE GORDÓN (León).
|
|
|
|
10/03/2010
ALBERGUE XUVENIL EZCARAY (A Rioxa)
|
|
Albergue ubicado a 1 Km de Ezcaray, na zona sur, xunto ao río Oja ao leste e o inicio do Camino La Herradura pola súa parte oeste.
A instalación conta con espazos comúns: salón comedor, sala de estar con televisión, biblioteca, pista polideportiva, xogos de mesa e pin pon
ENDEREZO:
Albergue Xuvenil Molino Viejo.
Rúa Paseo do Molino s/n.
EZCARAY - A Rioxa.
|
|
|
|
09/03/2010
CAMPAMENTO XUVENIL CANFRANC (HUESCA)
|
|
Canfranc estación é poboación situada na comarca da Jacetania, no val de Aragón, a máis de 1000 metros de altitude. Importante enclave da fronteira, ao longo dos séculos, chegou a gozar de privilexios pola súa situación e pola valía dos seus cidadáns. Emblema da loita pola apertura de pasos transfronteirizos. A estación internacional é un dos seus símbolos e durante un tempo motor da poboación.
O clima é húmido e máis frío que noutras poboacións do val como Jaca ou Villanúa.
ENDEREZO:
Albergue xuvenil Canfranc.
Praza do Pilar, 2-3.
22880 CANFRANC ESTACIÓN (Huesca).
|
|
|
|
09/03/2010
ALBERGUE XUVENIL SAN MARTÍN DE CASTAÑEDA (SANABRIA)
|
|
Esta instalación está situada en San Martín de Castañeda, xunto ao parque natural do lago de Sanabria con bosques de carballos. Conta co lago glaciar máis grande da península ibérica, vales encaixados e canóns. A flora e fauna son consideradas de gran interese. Esta instalación é moi axeitada para actividades e rutas de sendeirismo pola zona. O albergue está dotado de cuartos múltiples, piscina, pista polideportiva, biblioteca e sala de vídeo.
ENDEREZO:
Albergue xuvenil San Martín de Castañeda.
Estrada lago de Sanabria, s/n.
49361 SAN MARTÍN DE CASTAÑEDA (Zamora).
|
|
|
|
09/03/2010
CAMPAMENTO XUVENIL PICOS DE EUROPA (TAMA)
|
|
O albergue xuvenil de Tama atópase nos límites do parque nacional Picos de Europa. As súas vistas son excepcionais desde todos os ángulos, destacando a que se observa sobre o Macizo Oriental, así como boa parte da cordilleira Cantábrica.
ENDEREZO:
Campamento xuvenil Picos de Europa.
39548 TAMA (Castro Cillorigo).
|
|
|
|
09/03/2010
ALBERGUE XUVENIL ALSASUA
|
|
Empregando como base o albergue de xuventude da localidade de Alsasua, os participantes teñen a oportunidade de achegarse a un contorno privilexiado, como son o parque natural de Urbasa-Andía e á serra de Aralar, mediante actividades relacionadas co medio subterráneo, montañoso e acuático.
ENDEREZO:
Albergue xuvenil Santo Cristo de Otadia.
Rúa Zelai, 91.
31800 ALSASUA (Navarra).
|
|
|
|
09/03/2010
ALBERGUE XUVENIL ILLA ZUHATZA (ÁLAVA)
|
|
Albergue xuvenil Illa de Zuhatza. Capacidade para 440 persoas. Situada no encoro de Ullibarre-Gamboa, a 15 Km de Vitoria-Gasteiz, toda a illa conforma o conxunto do campamento, cunha extensión de 500.000 metros cadrados. O aloxamento realízase en 40 cabanas de madeira, con 6 liteiras (12 prazas) cada unha. Conta con comedor, cociña, tres baterías de servizos e edificio polideportivo.
ENDEREZO:
Albergue Illa de Zuhatza.
Embalse de Ullibarri-Gamboa.
Apartado 02030.
VITORIA-GASTEIZ (Álava).
|
|
|
|
09/03/2010
ALBERGUE XUVENIL SANTA MARÍA DO PILAR DE VILLANÚA (Huesca)
|
|
Villanúa, é unha localidade oscense situada nas serras interiores do Pirineo, no centro do val de Aragón. Atópase a metade de camiño entre Jaca e Canfranc, xunto á ladeira do pico Collarada. A poboación é atravesada polo Camiño de Santiago nos seus primeiros quilómetros por terras aragonesas.
ENDEREZO:
Albergue xuvenil Santa María do Pilar.
Camiño da Selva, 18.
22870 VILLANÚA (Huesca).
|
|
|
|
09/03/2010
ALBERGUE XUVENIL BARRÍA (ÁLAVA)
|
|
Albergue xuvenil situado a 25 km de Vitoria-Gasteiz. Antigo mosteiro rehabilitado para albergue con unha ampla zona de actividades, pistas de fútbol e baloncesto e piscina. Ten cuartos de 4, 6 e 8 prazas con baño incorporado e 4 cuartos de 20 prazas con baños compartidos e cinco salas de actividades con televisión e DVD.
ENDEREZO:
Albergue xuvenil de Barría.
01208 BARRÍA-NARBAJA (Álava).
|
|
|
|
09/03/2010
ALBERGUE XUVENIL SANTO ESTEBAN (Doneztebe - Santesteban)
|
|
Albergue situado dentro do conxunto urbano da poboación, pero illado de calquera outra edificación allea ao refuxio. Ten capacidade para trinta e dúas prazas. Dispón de cuartos con liteiras e posúe unha zona axardinada.
ENDEREZO:
Refuxio xuvenil Belvierechea (Doneztebe _ Santesteban).
Rúa Santa Leocadia - Bidezarra, s/n.
31740 DONEZTEBE - SANTESTEBAN (Navarra).
|
|
|