Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

Qué é

Convoca

Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.

Contido

A oferta da Campaña Verán-2008 comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito estatal, tendo lugar a súa celebración noutras comunidades autónomas de España. A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade pretende desta forma atender a demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do lecer e o tempo libre.

Participantes

Poden solicitar a súa participación nas actividades ofertadas na presente convocatoria os mozos con idades comprendidas dentro dos tramos que se especifican para cada actividade (para campamentos de 9 a 17 anos, para actividades para maiores de 18 de 18 a 35 anos, e nos campos de traballo hai que atender ao que se marque en cada un deles). En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase manter desde o inicio ata a finalización do campamento.

Adxudicación de prazas



A adxudicación realizarase da seguinte forma:



1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.



2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.



Neste caso o sorteo realizarase, ante notario, o día 5 de maio de 2008 as 12 horas no salón de actos número un, sito na planta baixa das dependencias da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza en Santiago de Compostela.

Prazo

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 11 de abril de 2008.

Informa

Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade. Edificio Administrativo San Caetano, s/n. Santiago. Teléfono Xove: 902 152 535



Informacion axunta

MÁIS INFORMACIÓN DESCARGANDO A ORDE PUBLICADADA NO DOG DO 24 DE MARZO

2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar