Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 emancipación xove

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

08/04/2008

DOCUMENTACIÓN

Imaxe do artigo ou noticia

Unha vez feita a reserva de praza, o interesado deberá presentar, nun prazo de 48 horas (CORENTA E OITO), a seguinte documentación:

- Campos de traballo en Galicia e Portugal:

1) Folla de inscrición (*) debidamente cuberta e asinada.

2) Folla de normas de obrigada observancia e cumprimento que rexerán en todos os campos de traballo (*) asinada.



(*) Esta folla pode descargarse da web: www.xuventude.net ou www.injuve.mtas.es ou obterse persoalmente nas oficinas administrativas citadas anteriormente.



- Campos de traballo no estranxeiro.

1) Folla de inscrición en campos de traballo no estranxeiro (*) debidamente cuberta e asinada.

2) Folla de normas de obrigada observancia e cumprimento que rexerán en todos os campos de traballo (**) asinada.

3) Xustificante (orixinal) de pagamento da cota no que figure: nome do participante, código, nome e data do campo.

4) Fotocopia do DNI.

3) Xustificante (orixinal) de pagamento da cota no que figure: nome do participante, código, nome e data do campo.

4) Fotocopia do DNI.

5) Fotocopia do carné xove ou carné máis.

6) Fotocopia do título de familia numerosa. Os puntos 5 e 6 non son acumulables.



(*) Esta folla pode descargarse da web: www.xuventude.net ou www.injuve.mtas.es ou obterse persoalmente nas oficinas administrativas citadas anteriormente.

(**) Esta folla pode descargarse da web: www.xuventude.net ou obterse persoalmente nas oficinas administrativas citadas anteriormente.

Pulse para ampliar información
14/04/2009

COTA:

Imaxe do artigo ou noticia

A participación nestas actividades ten un custo para os participantes de SETENTA E DOUS euros (72,00 €), esta cota inclúe os gastos de manutención, aloxamento e mais os derivados das propias actividades dos campos (como materiais e algunhas actividades complementarias) así como un seguro médico.

A viaxe (ida e volta) ata o lugar da actividade será por conta do voluntario/a.

Nos campos de traballo de Galicia e nos campos de traballo de Portugal os voluntarios e voluntarias que pertenzan a familias numerosas terán un desconto do 50% da cota, e os que posúan o carné xove ou carné máis dun 25%, que en ningún caso serán acumulables.

Así mesmo existen algúns campos do Servizo do Voluntariado Internacional que, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional que deberá ser satisfeito á chegada ao campo (ver cadro de oferta de prazas).

Cómpre ter en conta, á hora de facer o pagamento, que cada comunidade autónoma e, nalgún caso, cada campo de traballo da mesma comunidade, ten o seu propio número de conta bancaria onde facer o ingreso da cota, algunhas comunidades incluso teñen impreso de pagamento propio. Todo isto háselles indicar aos voluntarios/as no momento de faceren a reserva da praza.



DEVOLUCIÓN DE COTA:

No caso de que o voluntario/a efectuase o pagamento da cota de participación nun campo de traballo e por calquera motivo non puidese asistir, deberá saber que a DEVOLUCIÓN da cota nas comunidades autónomas estará suxeita ás condicións que cada unha estableza ao respecto.

Para os campos de traballo en Galicia e no estranxeiro só procederá a devolución da cota cando por causas non imputables ao interesado o servizo non se preste ou cando a administración anule a actividade.

Pulse para ampliar información
2009
Xunta de Galicia
Conselleria de Traballo e Benestar