INSCRICIÓN E RESERVA DE PRAZA:
|
 |
O prazo para a reserva das prazas iniciarase o día 23 de abril . As inscricións faranse na Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, ben presentándose nela ou ben chamando aos teléfonos 981 544 838, 881 999 314. Tamén se poderán facer nos servizos de xuventude e oficinas locais das delegacións provinciais da Igualdade e do Benestar, persoalmente ou por teléfono (consultar números na contraportada) en horario de 09,00 h a 14,00 h, de luns a venres.
- As prazas en campos de traballo no estranxeiro poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 14 de maio (inclusive).
- As prazas en campos de traballo nas comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 20 de maio (inclusive).
- As prazas nos campos de traballo en Galicia, mentres existan vacantes, poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade.
- As prazas nos campos de traballo en Portugal, mentres existan vacantes, poderanse solicitar ata un mes antes do inicio da actividade.
Durante os dez primeiros días de cada prazo, o voluntario ou voluntaria só se poderá inscribir nun campo de traballo, tamén só poderá figurar nunha lista de espera, no caso de que non obtivese praza no campo que lle interesa. En cada chamada telefónica poderá reservar dúas prazas.
|
|
2ª CONVOCATORIA:
De calquera xeito, e con posterioridade a estas datas, o programa de servizo voluntario en campos de traballo contempla a convocatoria dunha nova oferta xeneralizada de prazas (2ª convocatoria), na que se incluirían todas aquelas prazas que estean vacantes nos campos de traballo de todas as comunidades autónomas e do estranxeiro (os campos con prazas libres poderán ser os mesmos que os ofertados inicialmente ou novos).
O prazo para solicitar as prazas para os campos de traballo no estranxeiro comezará a partir do 20 de maio e rematará o 25 de maio.
O prazo para solicitar as prazas para os campos de traballo noutras comunidades autónoma comezará o 25 de maio.
O procedemento de inscrición será o mesmo que para a 1ª convocatoria.
(Aconséllase estar pendente do portal da D. X. de Xuventude e Solidariedade: www.xuventude.net onde se irán actualizando periodicamente os listados de vacantes, e tamén das páxinas web das CC. AA. e do INJUVE, ou consultar nos teléfonos antes sinalados).
|
|
Información anexa
VER TELÉFONOS E OFICINAS
|
|
|