Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora


QUE SON?

Imaxe principal do artigo ou noticia

O servizo voluntario en campos de traballo son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos en beneficio da comunidade. Ofrecen a posibilidade de coñecer novos lugares, outras formas de cultura, de contactar con outros mozos e mozas e de colaborar na realización dun proxecto.

Os campos de traballo desenvólvense en toda a Comunidade Autónoma de Galicia, en outras comunidades autónomas e no estranxeiro. Nun mesmo campo compártense experiencias con mozos e mozas de distinta procedencia, baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias, etc.

TIPOS DE PROXECTOS

Culturais e etnográficos (participación na organización de festas ou eventos culturais, recuperación de tradicións, utensilios antigos...).

Ambientais (recuperación de camiños, espazos naturais...).

Construción e restauración (recuperación de edificios ou lugares para uso público).

Sociais (traballo con nenos, maiores ou persoas con discapacidade).

Arqueolóxicos (recuperación, estudo ou conservación de xacementos).

Recuperación do patrimonio histórico-artístico e cultural (investigación, documentación, recuperación ou/e rehabilitación).



QUE SE LLES OFRECE AOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS?

Un proxecto sempre de dimensión social, na procura da mellora ambiental do noso contorno, da convivencia entre as persoas, dun mellor desenvolvemento e integración das persoas con discapacidades, dun maior coñecemento da nosa cultura e a nosa realidade...

Un equipo humano que os acollerá e axudará a levar a cabo o traballo programado e a dinamización do campo.

Os medios materiais necesarios para desenvolveren as tarefas específicas de cada campo.

Un programa con actividades de convivencia, de animación, de ocio e tempo libre.

Aloxamento e manutención durante todos os días que dure a actividade.

Un seguro de accidentes e responsabilidade civil



QUE SE LLES DEMANDA AOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS?

Traballar desinteresadamente os días e horas estipuladas no proxecto que se vai desenvolver.

Colaborar e participar no desenvolvemento da programación das actividades de animación.

Contribuír á organización xeral do campo (tarefas de limpeza, cociña, administración, etc.).

Respectar as distintas crenzas, ideoloxías e diferenzas persoais de todos os participantes do campo.

Permanecer no campo durante o período programado.

Respectar as normas de réxime interior e de convivencia propias do campo, que serán, entre outras, as seguintes:



Aceptar as indicacións das persoas responsables da actividade.

Cumprir os horarios en xeral.

Non utilizar vehículos particulares durante o tempo de duración do campo.

Non consumir bebidas alcohólicas.

Non se admitirán persoas alleas ao campo.



2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar