|
22/04/2008
INFORMACIÓN XERAL
|
|
O Carné xove euro 30 é persoal e intransferible, e ten unha vixencia de dous anos, que se contarán desde a data da súa expedición. Este carné está homologado cos que emiten o resto das comunidades autónomas e países de Europa que están adheridos a este programa, polo que o poderedes utilizar en calquera deles nas mesmas condicións, agás excepcións propias de cada comunidade ou país.
|
|
|
|
08/10/2007
FINALIDADE E VANTAXES
|
|
O seu obxectivo é facilitar aos mozos e mozas de 12 a 30 anos o acceso a diferentes bens e servizos a través de descontos ou vantaxes, tanto no territorio nacional como nos 40 países europeos nos que o carné xove euro<30 está implantado. Estes bens e servizos abranguen todos os ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercial, ensino, etc. Así mesmo, os posuidores do carné xove euro<30 teñen un seguro gratuíto que cubre o maior número de continxencias posibles nos desprazamentos para que así poidan facer fronte ós imprevistos que poidan xurdir nos viaxes.
|
|
|