Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

17/10/2007

CONDICIÓNS XERAIS

A presente garantía é válida en España, fóra dun radio de 30 km do domicilio habitual do asegurado e no resto do mundo.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
16/10/2007

Anticipo da fianza xudicial no estranxeiro

Se como consecuencia dun accidente, as autoridades do país no que se producise lle esixisen ao asegurado unha fianza penal, o asegurador adiantará a cantidade correspondente ata un límite de 4.507,59 €. O dito anticipo queda supeditado á lexislación do país desde onde se solicite.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
16/10/2007

Anticipo de gastos de defensa legal no estranxeiro

Se como consecuencia dun accidente o asegurado tivese necesidade de contrata-la súa defensa legal, o asegurador adiantará, ata un límite de 1.502,53 , os gastos que esta comporte. O dito anticipo queda supeditado á lexislación do país desde o que se solicita.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
09/10/2007

Desprazamento dun familiar

Se o asegurado, durante a viaxe, debe estar hospitalizado máis de cinco días e ningún familiar directo se atopa ó seu carón, pagarase o importe dun billete de avión de liña regular, clase turista, ou ferrocarril, primeira clase, ida e volta, á disposición dun membro da familia con domicilio habitual en España, para que poida acompañalo.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
09/10/2007

Responsabilidade civil no estranxeiro

Garánteselle a responsabilidade civil ata unha suma asegurada de 93.156,88 €. Por sinistro, responsabilidade na que poida incorrer o asegurado polos danos materiais e/ou persoais causados involuntariamente a un terceiro, como consecuencia dun feito accidental acaecido durante o transcurso da viaxe.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
08/10/2007

Pago ou reembolso de gastos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no estranxeiro

Mediante esta garantía o asegurador tomará ó seu cargo os gastos que lle sexan orixinados ó asegurado fóra de España como consecuencia dun accidente ou dunha enfermidade de carácter imprevisible, durante a viaxe e dentro do período de validez desta cobertura ata un límite de 4507,59 €. En todo caso, os gastos odontolóxicos de urxencia limítanse a 120,20 €.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
08/10/2007

Repatriación ou transporte do asegurado falecido

En caso de pasamento do asegurado durante a viaxe, o asegurador encargarase de todos os trámites e de poñer os medios necesarios e obrigatorios, cumprindo as condicións legais e administrativas e tomando ao seu cargo os gastos que orixine o transporte do falecido ata o lugar do domicilio habitual en España, así como os gastos de embalsamamento e cadaleito de transporte tipo zinc.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
08/10/2007

Repatriación ou transporte sanitario de feridos ou enfermos

Segundo a urxencia ou gravidade do caso, o asegurador toma ó seu cargo o transporte do asegurado, incluso baixo vixilancia médica se procedese, ata o seu ingreso nun centro hospitalario en España, próximo á súa residencia ou ó seu domicilio habitual, cando se necesite hospitalización. Se o ingreso non puidera facerse en lugar próximo ó domicilio, o asegurador farase cargo, no seu momento, do subseguinte traslado ata a residencia do asegurado.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
08/10/2007

Envío e/ou reenvío de obxectos esquecidos e/ou roubados no transcurso da viaxe

O asegurador organizará e terá ao seu cargo o custo do envío ao domicilio do asegurado daqueles obxectos que esquecese este no lugar ou lugares onde estivese durante a viaxe.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar