|
|
DEFINICIÓN
|
 |
A discapacidade é definida pola OMS (Organización Mundial da Saúde) no 2001, na Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde (CIF), como "o termo xenérico que inclúe deficiencias, limitacións nas actividades e restricións na participación. Indica os aspectos negativos da interacción entre o individuo (cunha determinada condición de saúde) e os seus factores contextuais". A discapacidade aparece como termo baúl para déficits, limitacións na actividade e restriccións na participación.
|
|
A linguaxe non é neutral, con ela intégrase ou marxínase; por isto é importante usala ben. Pero o uso dunha adecuada linguaxe debe ir acompañada dunha actitude de respecto cara as persoas.
A OMS presenta os seguintes termos, en 1986, de deficiencia, discapacidade e minusvalía
Deficiencia: supón unha perda ou anormalidade dalgunha función ou estructura psicolóxica, fisiolóxica ou anatómica.
Discapacidade: é resultante da deficiencia e supón unha restricción ou carencia da habilidade para desenvolver unha actividade na forma ou no grao que se considera normal.
Minusvalía: é calquera desvantaxe duna persoa como resultado dunha deficiencia ou discapacidade.
Na actualidade, e dende fai tempo, o mobemento para os dereitos das persoas con discapacidade está redefinindo o termo discapacidade como unha falta de adecuación entre a persoa e o seu entorno, máis que coma unha consecuencia da súa discapacidade. Os cidadáns europeos son cada vez máis conscientes de que este enfoque médico non reflexa a realidade. A discapacidade xurde dunha deficiencia que existe dentro da sociedade, que é o que crea as barreiras que impiden a integración.
|
|
|
|