|
|
TIPOS DE DISCAPACIDADES:
|
 |
Dentro da categoría de discapacidade englóbanse moi diferentes causas e graos, pero todos eles teñen en común que supoñen para a persoa que a padece un impedimento ou limitación a superar na súa vida diaria.
|
|
1. DISCAPACIDADE FÍSICA (MOTÓRICA OU ORGÁNICA):
DEFINICIÓN: Enténdese por persoa con discapacidade física ou motórica aquela que ten unha lesión ou dificultade, frecuentemente crónica máis ou menos grave que supón certas limitacións das súas actividades en comparación coas persoas que non presentan ningunha discapacidade física.
OBSERVACIÓNS: Presenta unhas anomalías orgánicas no aparato locomotor ou nas extremidades (cabeza, columna vertebral, extremidades superiores e/ou extremidades inferiores).
Tamén se incluirán as deficiencias do aparato nervioso, referidas ás páralises de extremidades superiores e/ou inferiores, paraplexia e tetraplexia e os trastornos de coordinación dos movementos.
E as alteracións viscerais, isto é, aos aparatos respiratorios, cardiovascular, dixestivo, xenitourinario, sistema endocrinometabólico e sistema inmunitario.
A discapacidade física ou motora acentúase cando o contexto no que se desenvolve a persoa non lle permite realizar as actividades propias da súa idade, isto é, as barreiras arquitectónicas determinan en gran grao a propia discapacidade.
2 .DISCAPACIDADE PSÍQUICA OU INTELECTUAL:
DEFINICIÓN: Aquela persoa que ten unha significativa afección intelectual ou mental. A súa capacidade intelectual (C.I.) está por debaixo da media poblacional e ademaís ten dificultades na adaptación no seu medio natural ou social, en comparación coas persoas da súa mesma idade. Esta discapacidade pode ser:
Profunda (C.I. -; 20)
Severa (C.I. entre 20 e 30)
Media (C.I. entre 31 e 51)
Lixeira (C.I. entre 52 e 67)
Limite (C.I entre 68 e 83)
OBSERVACIÓNS: A discapacidade intelectual non fai referencia a algo que ten ou que non ten a persoa senon a un concreto estado de funcionamento con limitacións sustanciais en certos aspctos do desenvolvemento cotidiano, que se manifestan nunha pluralidade de áreas, e que non representan nin definen un estado permanente senon que varian ao longo do tempo.
O funcionamento pode ser tanto por factores persoais ou individuais como pola naturaleza do entorno, isto é, polo contexto onde a persoa vive, aprende, xoga, traballa, solcialízase e interactua.
3. DISCAPACIDADE SENSORIAL:
DEFINICIÓN: Cando unha persoa ten afectados os sentidos que supoñen un intercambio de comunicación, tanto de vista como de oido.
Discapacidade Auditiva:
- Xordeira total: sons por riba dos 75 decibelios.
- Xordeira parcial moi grave: sons entre os 60 e 75 decibelios.
- Xordeira parcial grave: sons entre 30 e 40 decibelios.
- Xordeira parcial lixeira: sons por riba dos 30 decibelios, casi non se percibe.
Discapacidade visual:
- Cegueira total: Cando non se ve 1/20 da visión normal (ONCE).
- Cegueira parcial:Visión disminuída nos dous ollos, poidendo adquerir unha visión normal a partir de tratamentos específicos.
OBSERVACIÓNS: Grupo moi heteroxéneo e complexo debido ás diferentes variables que determinan as características individuais motivadas por cada un dos déficits (tipo e grao de perdida, monento no que aparece, nivel madurativo e de comunicación, existencia ou non de deficiencias engadidas...).
A gravidade da combinación de deficiencias auditivas e visuais significa que as persoas xordocegas non poden utilizar automáticamente os servizos para persoas con discapacidade visuais ou auditivas. Así pois, estas discapacidades conlevan extremas dificultades en materia de educación, vida social, actividades culturais e información.
|
|
|
|