|
A Secretaría Xeral de Igualdade é a encargada de todas as políticas relativas favorecer e potenciar igualdade real entre homes e mulleres. Entre outros órganos conta co Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller (SGI).
A Secretaría Xeral de Benestar. Está estruturada en dúas Direccións xerais. A Dirección Xeral de Acción Social que ten encomendadas, entre outras, funcións como a construción e dotacións de novas residencias para maiores e a ampliación de prazas públicas, a creación de centros especializados para o tratamento das discapacidades, a mellora do sistema de adopcións en Galiza e o traballo man a man cos colectivos que traballan cas persoas en risco de exclusión social.
A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, basicamente pretende dotar á xuventude galega de instrumentos de implicación, asistencia e participación social.
|