ANXO QUINTANA
|
 |
Douvos a benvida a este novo portal web da Dirección Xeral de Xuventude, XUVENTUDE.NET, espazo no que agardo que atopedes toda a información sobre as políticas, iniciativas, medidas e actividades dirixidas á mocidade, e onde pretendemos que tamén vos sexades protagonistas aportando as vosas colaboracións.
|
|
Tal e como deciamos ao comezo desta lexislatura, desde a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar propoñémonos levar a cabo unha revolución tranquila polo benestar e a igualdade, contando con todas as persoas e colectivos que veñen traballando nestes eidos en Galiza e que agora, por primeira vez, van ser escoitados polo Goberno para ter as súas opinións moi presentes na elaboración das políticas que desenvolveremos nos vindeiros anos.Coma vicepresidente e coma nacionalista, teño que dicir que vimos de iniciar a maior aposta en materia de políticas para a mocidade feita nunca por un goberno galego, unha aposta clara porque os mozos e mozas sexan partícipes activos e por rachar con medidas paternalistas e dirixistas.
O portal de información Xuventude.net é só un paso máis no camiño cara esta meta antes plantexada, cremos que así estamos mellorando o acceso á información, e garantizando tamén que este sexa áxil, e igualdade de condicións para todos e todas, co cal tamén conseguimos unha administración transparente para a cidadanía.
Convídoche a camiñar con nós.
|
|
|