Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

08/01/2008

CONVENIO COLECTIVO DO PERSOAL LABORAL DA ADMINISTRACIÓN DA SEGURIDADE SOCIAL

Este Convenio regula e establece as normas polas que se rexen as condicións laborais dos traballadores que prestan servicios en calquera das unidades e centros de destino das Entidades xestoras e Servicios comúns da Seguridade Social dependentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social.

Pulse para ampliar información
08/01/2008

ACORDO MARCO PORTOS DO ESTADO

Este Convenio Marco afectará, como empresas, ao ente público Portos do Estado e ás Autoridades Portuarias da Coruña, Alxeciras, Alacante, Almería-Motril, Avilés, Barcelona, baía de Cádiz, Baleares, Cartaxena, Castellón, Ceuta, Ferrol, Xixón, Huelva, Málaga, Marín-Pontevedra, Melilla, Santander, Santa Cruz de Tenerife, Sevilla, Tarragona, Valencia, Vigo e Vilagarcía.

Pulse para ampliar información
08/01/2008

CONVENIO ÚNICO PARA O PERSOAL DA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO

Este Convenio seralle de aplicación ao persoal laboral da Administración Xeral do Estado e dos seus organismos autónomos, ao que presta servicios na Administración de Xustiza, ao da Administración da Seguridade Social, incluído, no caso do Instituto Nacional da Saúde, o persoal laboral que presta servicios nas dependencias dos Servicios Centrais e das Direccións Territoriais e/ou Provinciais da entidade e percibe as súas retribucións con cargo aos créditos orzamentarios asignados aos ditos centros para esta finalidade.

Pulse para ampliar información
08/01/2008

ACORDO XERAL PARA AS EMPRESAS DE TRANSPORTE DE MERCADORÍAS POR ESTRADA

O seu ámbito funcional está constituído pola actividade empresarial de transporte de mercadorías por toda clase de vías terrestres, en vehículos automóbiles que circulen sen camiño de rodadura fixo e sen medios fixos de captación de enerxía, así como as actividades que a Lei 16/1987, de Ordenación dos Transportes Terrestres, denomina Auxiliares e Complementarias do transporte de mercadorías.

Pulse para ampliar información
08/01/2008

CONVENIO COLECTIVO DE ÁMBITO ESTATAL PARA AS INDUSTRIAS DO FRÍO INDUSTRIAL

O Convenio Colectivo regula as relacións laborais de todas as Empresas que teñan como actividade principal, e con respecto ao principio de unidade de Empresa, a produción de frío industrial e o persoal que nelas presta os seus servizos.

Pulse para ampliar información
08/01/2008

CONVENIO COLECTIVO PARA O SECTOR DE CONSERVAS, SEMICONSERVAS, AFUMADOS, COCIDOS, SECADOS, ELABORADOS, ALGA, ACEITE E FARIÑA DE PEIXE E MARISCOS

Este Convenio regula as relacións de traballo entre as Empresas adicadas á manipulación, conservación, elaboración ou preparación de productos semitransformados de peixes e mariscos, destes e outros compoñentes.

Pulse para ampliar información
08/01/2008

CONVENIO COLECTIVO XERAL DE ÁMBITO ESTATAL, PARA O SECTOR DAS EMPRESAS CONCESIONARIAS E PRIVADAS DE APARCAMENTOS DE VEHÍCULOS

Este Convenio Xeral é de obrigada observancia para todas as empresas do sector, a actividade principal das cales consista na explotación de aparcamentos de vehículos automóbiles, ben de concesión, ben mediante cesión por calquera título lícito, ben de propiedade.

Pulse para ampliar información
08/01/2008

CONVENIO COLECTIVO DE AUTOESCOLAS

O presente Convenio afectará a todos os centros que impartan as ensinanzas especializadas de condución de vehículos de tracción mecánica en todo o territorio do Estado español.

Pulse para ampliar información
08/01/2008

CONVENIO COLECTIVO DE ÁMBITO ESTATAL PARA OS CENTROS DE EDUCACIÓN UNIVERSITARIA E INVESTIGACIÓN

O presente Convenio afecta a todo o persoal en réxime de contrato de traballo que preste os seus servizos enCentros de Educación Universitaria e de Investigación sen finalidade de lucro, que non sexan de titularidade pública.

Pulse para ampliar información
08/01/2008

CONVENIO COLECTIVO DE ÁMBITO ESTATAL DE CENTROS DE ENSINO PRIVADO DE RÉXIME XERAL OU ENSINO REGRADO SEN NINGÚN NIVEL CONCERTADO OU SUBVENCIONADO

Quedarán afectados polo presente Convenio colectivo os centros de ensino privado de réxime xeral ou de ensinanzas regradas sen ningún nivel subvencionado con fondos públicos ou centros non concertados, calquera que sexa o carácter e nacionalidade da entidade titular.

Pulse para ampliar información

««   [1]   2   3   4   »»

2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar