|
04/06/2007
O TÍTULO DE BACHARELATO
|
|
|
Para obter o título de Bacharelato será necesaria a avaliación positiva en todas as asignaturas da modalidade cursada. O título de Bacharelato facultará para acceder á formación profesional de grado superior e aos estudos universitarios. Neste último caso será necesaria a superación dunha Proba de Acceso (selectividade), que, xunto ás calificacións obtida no Bacharelato, valorará, a madureza académica dos alumnos e alumnas e os coñecementos adquiridos nel. Así mesmo, facultará para acceder a grados e estudos superiores de ensinanzas artísticas, previa superación da correpondente proba.
|
|
|
04/06/2007
ESTRUTURA E ITINERARIOS
|
|
|
O bacharelato comprende dous anos académicos, desde os dazaseis aos dazaoito anos de idade e organízase en dous cursos. As ensinanzas do bacharelato están estruturadas en modalidades; unhas de tipo máis académico e outras máis profesionais, facilitanto así que cada alumno ou alumna poda elexir o seu propio itinerario formativo en función dos seus intereses académicos e potencialidades.
|
|