Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

05/06/2007

APRENDIZAXE PERMANENTE

O seu obxectivo é contribuír, mediante a aprendizaxe permanente, ao desenvolvemento da Comunidade como sociedade do coñecemento avanzada, cun crecemento económico sustentable, máis e mellores postos de traballo e unha maior cohesión social, garantindo ao mesmo tempo unha boa protección do ambiente en beneficio das xeracións futuras. En particular, pretende estimular o intercambio, a cooperación e a mobilidade entre os sistemas de educación e formación dentro da Comunidade, de modo que se convertan nunha referencia de calidade mundial.

Este Programa de aprendizaxe permanente (PAP) confórmase como un programa integrado que consta de catro subprogramas sectoriais, un programa transversal orientado a áreas clave, e un programa para apoiar o ensino, a investigación e a reflexión sobre a integración europea e sobre institucións europeas clave.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
05/06/2007

ERASMUS MUNDUS

Programa para a mellora da calidade do ensino superior e a promoción do entendemento intercultural mediante a cooperación con terceiros países (2004-2008). o prazo de presentación de candidaturas remata a finais de outubro para a acción 1, a finais de marzo para a acción 2. Os estudantes e académicos deberán presentar as súas candidaturas directamente ao consorcio que oferte os cursos segundo as súas instrucións, o prazo varía duns cursos a outros. Para as accións 3 e 4, o prazo remata a finais de marzo. O obxectivo xeral do programa é mellorar a calidade do ensino superior europeo favorecendo a cooperación con terceiros países, co obxecto de mellorar o desenvolvemento de recursos humanos e de promover o diálogo e a comprensión entre os pobos e as culturas.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar