|
26/01/2009
GUÍA COMPLETA DO PROGRAMA "XUVENTUDE EN ACCIÓN"
|
|
O programa «XUVENTUDE EN ACCIÓN» para o período 2007-2013 ten por obxectivo desenrolar e apoiar a cooperación no ámbito da mocidade na Unión Europea (UE). Está dirixido a fomentar a participación dos mozos e mozas na vida pública, en particular dos máis desfavorecidos e das persoas con discapacidade, así como o seu espíritu de iniciativa, de empresa e de creatividade.
|
|
|
|
30/10/2008
AUTOBÚS-ESCOLA. XORNADAS DIVULGATIVAS-FORMATIVAS SOBRE O PROGRAMA XUVENTUDE EN ACCIÓN
|
|
Con motivo da Semana Europea da Xuventude, que terá lugar entre os vindeiros días 2 a 9 de novembro, a Dirección Xeral de Xuventude, da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia, vai levar a cabo unha campaña de difusión-información, por diversos institutos e concellos de Galiza, sobre os programas europeos para a xuventude e especificamente sobre o PROGRAMA XUVENTUDE EN ACCIÓN.
|
|
|