|
30/06/2009
MUSIGALIZANDO. SADA E SANTIAGO
|
|
MUSIGALIZANDO ENCHEU DE SONS ESTA FIN DE SEMANA SADA E SANTIAGO
A Casa da Cultura "Pintor Lloréns" de Sada e a compostelán praza da Quintana acolleron esta fin de semana os concertos finais do programa Musigalizando, organizado pola asociación cultural e musical Solfa e patrocinado pola dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Esta iniciativa xuntou ós compoñentes de cinco bandas de música nas instalacións xuvenís da Xunta en Gandarío do 22 ao 28 de xuño, onde ensaiaron un repertorio conxunto que logo interpretaron en Sada e Santiago.
As agrupacións que participaron este ano no Musigalizando 2009 foron o Grupo Instrumental de Solfa, a Banda da Escola de Música de Rianxo, a Banda da Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia, a Banda Infantil de Merza e a Banda de Música de Arca.
|
|
|
|
22/06/2009
III Concurso dinámicas e xogos creativos no tempo libre.
|
|
A Federación Don Bosco de Castela e León, convoca este concurso dirixido a persoas entre 17 e 35 anos.
|
|
|