Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 emancipación xove

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

Novas

09/02/2010

A XUNTA E O INJUVE POÑEN EN COMÚN AS ACCIÓNS GALEGAS DO PROGRAMA JUVENTUD EN ACCIÓN

Os directores xerais de Xuventude da Xunta, Ovidio Rodeiro e do Instituto de la Juventud do Goberno Central, Gabriel Alconchel, celebraron hoxe unha xuntanza de traballo, na que puideron repasar as accións que se levan a cabo en Galicia dentro do programa europeo Juventud en Acción, que xestionan conxuntamente as dúas administracións.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
09/02/2010

A XUNTA DE GALICIA SÚMASE AO OBSERVATORIO NACIONAL XUVENTUDE E DIVERSIDADE LGTB DE COLEGAS

A Xunta de Galicia sumouse hoxe ao observatorio nacional Xuventude e Diversidade LGTB da organización Colegas, no que tamén participan outras sete comunidades autónomas e o Injuve. O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, recordou no decurso do acto que "a orientación sexual de cada quen non é ningunha traba nin supón ningún impedimento para o seu completo desenvolvemento social e persoal".

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información

««   [1]   2   3   4   5   6   7   8   9   10   »»

Novidades

08/02/2010

Está aberto o prazo para inscribirse nos cursos de Director e de Monitor de Tempo Libre organizados pola Escola de Tiempo Libre FESAN

Curso de Director/a de Tiempo Libre:

Comenzo, o 27 de Febreiro en Santiago de Compostela.

A duración deste curso é de 150 horas teóricas e 150 horas de prácticas. A parte teórica levarase a cabo en fins de semana, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.



Curso de Monitor de Tiempo Libre

Comenzo o 13 de Marzo en Santiago de Compostela.

A duración deste curso é de 200 horas teóricas e 150 horas de prácticas. A parte teórica levarase a cabo en fins de semana, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.

Pulse para ampliar información
05/02/2010

Infoxove de Febreiro. Listo para descargar.

Xa podes descargar o Infoxove de Febreiro.

Poderás coñecer en detalle o "Plan estratéxico de Xuventude" e as últimas novidades sobre Voluntariado e "Camiños de Saúde".

Atoparás tamén as novidades sobre a Banda Deseñada en Galicia, e unha reportaxe sobre Madeira na sección de viaxes.

En ocio e cultura poderas informarte sobre Vou Trío e o X Certame Folk Radio Obradoiro e uns consellos sobre a reciclaxe informática.

Un infoxove que non te podes perder!

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
27/01/2010

CURSO NACIONAL SOBRE INICIATIVAS XUVENÍS _ Programa Juventud en Acción

DATA E LUGAR DE REALIZACIÓN

26 ao 28 de febreiro de 2010 (venres a domingo)

Lugar: Albergue de Calarreona, Aguias, Murcia.

ENTIDADE ORGANIZADORA

O Instituto da Mocidade da Rexión de Murcia en colaboración coa Axencia Nacional

Española do Programa Mocidade en Acción.

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

Curso monográfico sobre a Acción 1.2, Iniciativas xuvenís O obxectivo principal do curso é

brindar a través da educación non formal, o coñecemento e competencias para o deseño,

xestión e implementación de proxectos de Iniciativas Xuvenís, por medio de dinámicas,

presentacións de experiencias e desenvolvemento práctico de proxectos por parte dos

participantes.

O curso está dividido metodológicamente en dous partes:

1.Parte Informativa:

· Obxectivos e prioridades do programa Mocidade en Acción

· Presentación da Acción

1.2 Iniciativas Xuvenís.

· Xestión e implementación de proxectos: Aspectos formais, metodológicos e

económicos.

· Formulario da Acción

1.2 Iniciativas Xuvenís.

2. Parte Práctica:

· Panel de experiencias

· Elaboración dun caso práctico:

· Desenvolvemento prácticos de proxectos: obxectivos, metodoloxía, actividades, dimensión

europea.

· Elaboración do orzamento. Vías de financiamento complementarias.

· Avaliación de proxectos de iniciativas dos mozos: principais indicadores.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
21/01/2010

A Fundación Galicia Europa convoca a liña de axudas a entidades e catro bolsas para a realización de estudos na UE

A Fundación Galicia Europa convoca a concesión de axudas a entidades para a realización de actividades relacionadas coa integración europea durante o ano 2010

Convoca así mesmo catro bolsas para a realización de estudos de integración europea durante o curso académico 2010-2011.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
19/01/2010

A DIRECCION XERAL DE XUVENTUDE ORGANIZA CURSOS DE PORTUGUÉS TÉCNICO EN TUI E VERIN

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado comezou a impartir dous cursos de portugués técnico, organizados polas Oficinas Transfronteirizas de Tui e Verín. Estes cursos, que terán unha duración de 100 horas e se prolongarán ate o mes de maio, están enmarcados no Proxecto de Cooperación Transfronteiriza España Norte de Portugal "Espazo Xuvenil", e están dirixidos a mozos e mozas para a mellora das súas competencias de cara na busca activa de emprego.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
18/01/2010

Seminario Giménez Abad sobre o Parlamento

VII Seminario Giménez Abad sobre o Parlamento, dirixido a estudantes universitarios

Data de celebración: 12-16 de Abril

Prazo solicitudes: 10/02/2010

Condicións de participacións e becas:

http://www.senado.es/inforpractic/index.html

Tel: 91 538 18 52

Pulse para ampliar información
14/01/2010

Xa podes descargar o Invoxove de Xaneiro

Xa podes descargar o primer Infoxove deste ano. E ven cargado de novas. As rebaixas, o voluntariado, a gala do Certame de creatividade moza, o Xacobeo e Translatio ocupan parte importante deste número, ademáis das sempre presentes novas sobre cultura, tendencias e viaxes.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
13/01/2010

CURSO DE PORTUGUÉS TÉCNICO

Curso de Portugués técnico dirixido a obtención de emprego no turismo, hostelería e comercio.



Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
11/01/2010

"ESCOLA E NAIS E PAIS"

A Asociación Recreativa e Cultural "Os Tilos" promove una nova actividade: Escola de Nais e Pais



É un lugar de encontro onde intentamos por diferentes puntos de vista sobre tema de interese educativo.

Pulse para ampliar información
08/01/2010

AS CASAS DA XUVENTUDE ACOLLEN CURSOS DE FORMACIÓN EN CONDUCCIÓN RESPONSABLE

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado continúa coa campaña formativa en conducción responsable, a fin de trasladar á mocidade a importancia que para todos ten respectar as normas de tráfico e así previr accidentes. Estes cursos son gratuítos e os interesados ponen anotar nas propias casas da Xuventude.

Os cursos de formación de conducción responsable celebraranse en:

Casa da Xuventude de Tui: 11, 18 e 25 de Xaneiro, de 16:30 a 21:30

Casa da Xuventude de Noia: 12, 13 e 14 de Xaneiro, de 09:30 a 14:30

Casa da Xuventude de Chantada: 19, 20 e 21 de Xaneiro, de 16:00 a 21:00

Meses de febreiro e marzo: Casa da Xuventude de Pontedeume, Curtis, Vilalba e Viveiro

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información

««   [1]   2   3   4   5   6   7   »»

Avisos

Non se atopou ningún artigo.
Buscador
Acceso

Correo electrónico
Contrasinal



[Esqueciches o teu contrasinalOcultar]
Web da Consellería de Traballo e Benestar
Emancipación Joven
Rede galega de información xuvenil
Web Querote.org. Centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade.
Bolsas Leonardo da Vinci
Volangteer
X Certame Folk Radio Obradoiro
Residencias para a mocidade.
Xogo de Rol en Vivo: Irmandiños, A Revolta
Banner de acceso á web de Conciencia Solidaria
Portugués para nós


Parlamento Xove
Tarxeta Xove Caixa Galicia
 NSAIO
2009
Xunta de Galicia
Conselleria de Traballo e Benestar