|
18/07/2008
AGOCHADOS EN BRUXAS
Narra a historia de dous asasinos a soldo en Londres que, debido a unha operación que remata mal, reciben a orde de exiliarse por un tempo na cidade de Bruxas, en Bélxica.
|
|
18/07/2008
A NOITE É NOSA (V.O.S.E)
Nova York, 1988. Un novo tipo de droga invadiu a cidade, seguida pola máis feroz e aterradora ondada criminal que se recorda. Superada en número de efectivos e en armas polos novos gánsteres, a policía perde, cando menos, a dous dos seus cada mes. É unha guerra declarada que ameaza con levar por diante a culpables e inocentes. Bobby Green vese atrapado no fogo cruzado. É o encargado dunha discoteca situada en Brighton Beach frecuentada por gánsteres como Vadim Nezhinski. Bobby intenta manterse apartado e non involucrarse. A pesar dun estilo de vida amoral e hedonista, quere a súa moza Amanda e soña con abrir unha discoteca en Brooklyn. Pero Bobby ten un segredo moi ben gardado. Seu irmán é o tenente de policía Joseph Grusinksy, que seguiu os pasos de seu pai, o lendario xefe de policía Burt Grusinsky. Bobby non se leva ben con eles e a relación empeora cando seu pai o advirte que é a guerra e que deberá decidir de que lado está. Non pode permanecer neutral cando feren gravemente a seu irmán e descobre que seu pai podería ser o seguinte. Comprende que só estarán seguros cando a organización de Nezhinski sexa destruída e prepara un asalto en toda regra. Xuntos intentarán facer seu o lema que a policía de Nova York tivo nos oitenta: "A noite é nosa".

|
|
18/07/2008
Hancock
Hai heroes, hai superheroes... e logo está Hancock. Un gran poder conleva unha gran responsabilidade. Todo o mundo o sabe. Todo o mundo agás Hancock. Insatisfeito, atormentado, sarcástico e incomprendido, as accións heroicas e benintencionadas de Hancock cumpren o seu obxectivo e salvan moitas vidas, pero sempre provocan uns tremendos desaguisados. A poboación xa non pode máis e, aínda que está agradecida de ter un heroe local, os bos cidadáns dos Ánxeles pregúntanse "que fixeron para merecer un tipo así". Hancock non é alguén a quen lle importe o que pense a xente, ata o día en que salva a vida de Ray Embrey, alto executivo dunha empresa de relaciós públicas. É entón cando o impopular superheroe decátase de que ten un lado vulnerable.
|