Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

31/10/2007

LEI 31/1995, DO 8 DE NOVEMBRO, DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Desenvolve unha política de protección da saúde dos traballadores mediante a prevención dos riscos derivados do seu traballo.

Pulse para ampliar información
31/10/2007

MANUAL DE PREVENCIÓN E AVALIACIÓN DE RISCOS LABORAIS NA CONSTRUCCIÓN

Neste manual establécense as directrices básicas que hai que ter en conta durante as obras co fin de previr os riscos de accidentes laborais e enfermidades profesionais do persoal que interveña nelas e evitar danos a terceiros

Pulse para ampliar información
31/10/2007

REAL DECRETO 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos Servicios de Prevención

Articula unha nova óptica da prevención na volta da planificación da mesma a partir da avaliación inicial dos riscos inherentes ao traballo, e a conseguinte adopción das medidas adecuadas á natureza dos riscos detectados.

Pulse para ampliar información
31/10/2007

ORDE DO 22 DE ABRIL DE 1997 POLA QUE SE REGULA O RÉXIME DE FUNCIONAMENTO DAS MUTUAS DE ACCIDENTES DE TRABALLO E ENFERMIDADES PROFESIONAIS DA SEGURIDADE SOCIAL NO DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

Esta Orde ten por obxecto constituír a normativa específica que regule provisionalmente o funcionamento das Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social.

Pulse para ampliar información
31/10/2007

REAL DECRETO 171/2004 polo que se desenvolve o artigo 24 da Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais, en materia de coordinación de actividades empresariais

Este Real Decreto ven a dar cumprimento ó mandato de desenvolver regulamentariamente o artigo 24 da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, e toma como base para esto os criterios comúns e consideracións xerais consensuados polos axentes sociais.

Pulse para ampliar información
31/10/2007

REAL DECRETO 216/1999, do 5 de febreiro, sobre disposicións mínimas de seguridade e saúde no traballo no ámbito das empresas de traballo temporal

Este Real Decreto establece, no marco da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, as disposicións específicas mínimas de protección da seguridade e saúde dos traballadores contratados polas empresas de traballo temporal reguladas pola Lei 14/1994, do 1 de xuño, para ser postos a disposición de empresas usuarias, co obxecto de lles garantir a estes traballadores, calquera que sexa a súa modalidade de contratación, o mesmo nivel de protección que aos restantes traballadores da empresa na que prestan os seus servicios, así como determinar as actividades e traballos nos que, en razón da súa especial perigosidade, non poderán celebrarse contratos de posta a disposición

Pulse para ampliar información
31/10/2007

REAL DECRETO 374/2001, do 6 de abril, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo

A Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, determina o corpo básico de garantías e responsabilidades preciso para establecer un adecuado nivel de protección da saúde dos traballadores fronte aos riscos derivados das condicións de traballo, no marco dunha política coherente, coordinada e eficaz.

Pulse para ampliar información
31/10/2007

REAL DECRETO 400/1996, de 1 de marzo, polo que se dictan as disposicións de aplicación da Directiva 94/9/CE, relativa aos aparatos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas

O presente Real Decreto aplícase aos aparatos e sistemas de protección para uso en atmosferas potencialmente explosivas.

Pulse para ampliar información
05/11/2007

REAL DECRETO 485/1997, do 14 de abril, sobre disposicións mínimas en materia de sinalización de seguridade e saúde no traballo

Fixa as medidas mínimas que se deben adoptar para a axeitada protección dos traballadores. Entre elas, están as destinadas a garantir que nos lugares de traballo existe unha adecuada sinalización de seguridade e saúde, sempre que os riscos non se poidan evitar ou limitar suficientemente a través de medios técnicos de protección colectiva ou de medidas, métodos ou procedementos de organización do traballo.

Pulse para ampliar información
05/11/2007

REAL DECRETO 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo

Este Real Decreto establece as disposicións mínimas de seguridade e de saúde aplicables aos

lugares de traballo.

Pulse para ampliar información

««   [1]   2   3   »»

2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar