Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

16/01/2008

Publicada a orde de subvencións para actividades de voluntariado para Concellos e Mancomunidades de Municipios.

Imaxe do artigo ou noticia

Hoxe, día 16 saíu publicada no DOG a "Orde do 28 de decembro de 2007 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións dirixidas a concellos e mancomunidades de municipios para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2008". O último día para presentar as solicitudes e documentación que a acompaña será o próximo 17 de febreiro.

Pulse para ampliar información
30/01/2009

Programa de iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E)

Imaxe do artigo ou noticia

Co obxectivo de que a Comunidade Autónoma de Galicia acade maiores niveis de desenvolvemento económico, de calidade no emprego, de benestar social, e de cohesión no territorio, e preciso adoptar políticas que promovan un modelo de desenvolvemento económico que favoreza a capacidade de toda a sociedade galega para crear empresas e emprego. Cofinanciado polo Fondo Social Europeo.

Pulse para ampliar información
23/03/2009

Indemnizacións a mulleres e menores que sofren violencia de xénero

Imaxe do artigo ou noticia

O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller convoca indemnizacións, de pagamento único, a favor das mulleres que sofren violencia de xénero e/ou das e dos menores ou persoas dependentes afectadas por esta.

Pulse para ampliar información
26/03/2009

Axudas económicas a mulleres que sofren violencia de xénero

Imaxe do artigo ou noticia

O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller convoca axudas económicas, individuais e de carácter periódico, de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

Pulse para ampliar información
05/06/2009

Axudas para actividades culturais, educativas para a Xuventude. Concello de Lalín.

Imaxe do artigo ou noticia

O Concello de Lalín convoca axudas para actividades culturais, educativas e dirixidas á xuventude, conforme ás seguintes

bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o día 7 de maio de 2009.

O obxecto das subvencións reguladas nas presentes bases é o de establecer as medidas que fomenten a participación cidadá en distintas actividades de carácter cultural, educativo

e outras de utilidade pública dentro do termo municipal de Lalín.

Así mesmo, estas bases teñen como obxecto a regulación do procedemento de concesión das subvencións para o desenvolvemento de ditas actividades en réxime de concorrencia

competitiva.

Pulse para ampliar información
11/06/2009

Subvencións de carácter cultural. Concello de A Estrada.

Imaxe do artigo ou noticia

O Concello de A Estrada establece as bases reguladoras para a convocatoria de subvencións con finalidade de carácter cultural.

O obxecto das presentes bases é a regulación da convocatoria de subvencións con destino a actividades de carácter cultural.

Enténdense preferentemente como actividades culturais todas aquelas relacionadas coas artes escénicas, musicais, fotografía, artes audiovisuais de todo tipo, artes plásticas, promoción da lectura e literatura, ciclos de conferencias, festivais, forums, semanas culturais, etc.

Pulse para ampliar información
15/06/2009

Subvencións a Entidades sen Fín de Lucro 2009. Concello de Cambados

Imaxe do artigo ou noticia

O Concello de Cambados acordou establecer as bases que rexerán a convocatoria pública de subvencións municipais a "entidades sen fín de lucro" para o ano 2009.

Estas bases teñen por obxecto establece-los

criterios e o procedemento para concede-las subvencións municipais, de acordo cos principios de

publicidade, libre concorrencia e igualdade para a

realización de actividades que complementen ou

suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou

que, en xeral contribúan ó fomento dos intereses

xerais ou sectoriais dos veciños do municipio de

Cambados.



Pulse para ampliar información
17/06/2009

Subvencións a Asociacións sen Ánimo de Lucro 2009. Concello de Moraña

Imaxe do artigo ou noticia

O Concello de Moraña establece a convocatoria das bases de subvencións para as asociacións sen ánimo de lucro 2009.

A presente convocatoria ten por obxecto regular

o procedemento de concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que no eido da cultura, educación e o deporte promovan persoas xurídicas, asociacións e entidades sen ánimo de lucro, consideradas de interese social para o Concello de Moraña.

Pulse para ampliar información
30/06/2009

Subvenciós a centros de información ás mulleres

Imaxe do artigo ou noticia

O Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller convoca axudas e subvencións para o programa destinado ao mantemento e funcionamento dos centros de información ás mulleres.

Pulse para ampliar información
03/07/2009

Subvencións a Asociacións de Pais e Nais de Alumnos. Concello de Pontevedra

Imaxe do artigo ou noticia

Bases para a convocatoria de subvencións a Asociacións e Federacións de Pais e Nais, Movementos de Renovación Pedagóxica, Asociacións e Sindicatos de Ensino e Entidades sen

Ánimo de Lucro que desenvolvan accións no eido da educación durante o curso escolar 2008/2009.

As presentes bases, que rexerán a convocatoria para a concesión de subvencións no eido da educación curso escolar 2008/2009, estarán suxeitas á Ordenanza xeral de subvencións,

reguladora da concesión de subvencións polo Concello.

A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento da concesión de subvencións en réxime de libre concorrencia para fomentar as actividades que no eido da educación

e todas as súas facetas, promovan persoas físicas ou xurídicas, asociacións e entidades sen fin de lucro, que poidan ser consideradas de interese educativo para o Concello de Pontevedra,

dirixidas á comunidade educativa en xeral.

Pulse para ampliar información
2009
Xunta de Galicia
Conselleria de Traballo e Benestar