Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 emancipación xove

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

04/12/2009

Creación do Premio Galicia-Futura

O Decreto 306/2002, do 31 de outubro (DOG nº 219, do 13 de novembro) polo que se crea o Premio Galicia-Futura, establece no seu artigo 4 que este premio será convocado por orde da citada consellereía e terá unha periocidade anual.

Pulse para ampliar información
04/12/2009

Orde da Convocatoria do Premio Galicia-Futura

Orde do 22 de novembro de 2002 pola que se convoca o Premio Galicia-Futura.

Pulse para ampliar información
03/12/2009

COMISIÓN DAS COMUNIDADES EUROPEAS

Comunicación da Comisión o Consello, o Parlamento Europeo, o Comité Económicoe Social Europeo e o Comité das Rexións.

Unha estratexia da UE para a Xuventude: inversión e capacitación.

Un método aberto de coordinación renovado para abordar os desafíos e as oportunidades dos mozos/as.

Pulse para ampliar información
21/07/2009

Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que crea a estructura organica dos departamentos da Xunta de Galicia

O compromiso cos principios de austeridade, eficacia e eficiencia no deseño e funcionamento da Administración da Xunta de Galicia supuxeron unha redución do 25% nas consellerías que anteriormente compoñían o Goberno, como reflicte o Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Pulse para ampliar información
21/07/2009

Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia

As delegacións territoriais quedan adscritas orgánicamente á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, con nivel orgánico de dirección xeral, e a súa estrutura orgánica, o seu ámbito territorial e as súas competencias deben ser establecidos mediante decreto (artigo 1 e disposición adicional primeira do Decreto 83/2009, do 21 de abril).

Así, con este obxectivo básico de impulsar a modernización e racionalización da xestión da Xunta de Galicia, procede reformular a estrutura da Administración periférica, acometendo un proceso de remodelación arredor da figura das novas delegacións territoriais, concibidas como órganos de dirección e coordinación da actuación da Administración autonómica dentro dos seus respectivos ámbitos.

Pulse para ampliar información
21/07/2009

Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia

Elixido e investido polo Parlamento de Galicia dos poderes propios do presidente da Xunta de Galicia,

segundo o Estatuto de autonomía, conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26, número 1º, do mesmo texto legal, e para establecer a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da Comunidade Autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia, austeridade e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa.

Pulse para ampliar información
21/07/2009

Decreto 335/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar

A través do Decreto 79/2009, do 19 de abril, estableceuse a estrutura orgánica da Xunta de Galicia que estará integrada por dez departamentos. A entrada en vigor deste decreto supón a plasmación práctica do compromiso adquirido polo novo Goberno da Xunta de Galicia de austeridade, eficacia e racionalización da xestión pública.

Posteriormente, a través do Decreto 83/2009, do 21 de abril, fixouse a estrutura orgánica básica dos departamentos da Xunta de Galicia, segundo o cal a Consellería de Traballo e Benestar está integrada polos seguintes centros superiores: o/a conselleiro/a, a Secretaría Xeral, a Secretaría Xeral de Familia e Benestar, a Dirección Xeral de Relacións Laborais, a Dirección Xeral de Promoción do Emprego, a Dirección Xeral de Formación e Colocación, a Dirección Xeral da Dependencia e Autonomía Persoal e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e adscríbeselle o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral e o Consello Galego de Relacións Laborais.

Pulse para ampliar información
04/06/2007

Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude

O espallamento e dispersión da normativa existente sobre esta materia xustifica que o obxecto da presente disposición é agrupar e refundir nun só texto normativo as diversas disposicións regulamentarias existentes nesta materia.

Pulse para ampliar información
31/05/2007

LEI ORGÁNICA 1/2002, de 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación

O dereito de asociación proxecta a súa protección desde unha dobre perspectiva, por un lado, como un dereito das persoas no ámbito da vida social, e, por outro, como capacidade das propias asociacións para o seu funcionamento.

Pulse para ampliar información
31/05/2007

LEY 49/2002, de 23 de decembro, de réximen fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenazgo.

Esta lei ven a establecer a regulación do réximen fiscal propio das entidades sen ánimo de lucro, e regula tamén o conxunto de incentivos que lle son aplicábeis á actividade de mecenazgo realizada por particulares.

Pulse para ampliar información

««   [1]   2   »»

2009
Xunta de Galicia
Conselleria de Traballo e Benestar