| Seguir para a frente de Menu principal | PORTUGUÉS PARA NÓS Nesta Europa, culturalmente tan diversa, o coñecemento de idiomas convértese nun dos principais requisitos para que mozos e mozas poidan desfrutar plenamente das moitas oportunidades que ofrece a colaboración entre os pobos e a mobilidade a través dos diferentes estados (quer con fins culturais, quer académicos, laborais, turisticos ou de lecer). É tamén, nesta perspectiva de contribuír á formacion dunha mocidade máis aberta e participativa que a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade vén prestando especial atención ás relacións de Galiza con Portugal, poñendo en marcha unha serie de iniciativas para fomentar o contacto e cooperación entre a xente nova de ambas as beiras do Miño.
PORTUGUÉS PARA NÓS, que lle permitirá á mocidade galega, e a toda a poboación en xeral, ter acceso cómodo ao ensino da lingua portuguesa, xorde da convicción desde a Vicepresidencia da Xunta de Galiza, de que, máis ca nunca, hoxe é necesario que Galiza e Portugal reforcen e amplíen os seus vínculos históricos, dándolle, agora si, unha relevancia determinante aos aspectos sociais e culturais. Para calquera suxestión ou consulta técnica sobre o curso poden dirixirse ao administrador no seguinte enderezo: admin@portuguesparanos.com Disciplinas disponíveis Curso multimédia de português para galegos. | 2ª Entrega de diplomas A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade outorgará un diploma acreditativo de coñecemento da lingua portuguesa, nivel iniciación, a aqueles alumnos que teñan superado con éxito o curso no segundo semestre de 2008. Unha vez rematado o prazo, o alumnado que teña superado o curso recibirá un correo electrónico de confirmación e solicitude de datos para o diploma. EntrarResultados do Sorteo Tras sorteo perante notario, os gañadores dos premios ao alumnado que superou o curso no primeiro semestre do ano 2008 son os seguintes: - Lucía Pintor Mourazos, premio concedido pola DX de Xuventude, consistente nunha fin de semana en Lisboa (viaxe e estadía) para a persoa galardoada e un/unha acompañante: - Xosé María Cid Guede e Cristina Vidal Martínez, premios concedidos polo Intituto Português da Juventude; cada un deles consistirá nunha estadía dunha fin de semana para a persoa galardoada nun albergue xuvenil da zona norte de Portugal. |


