Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 emancipación xove

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

Medio Ambiente

26/11/2009

Zona de especial protección para as aves da Limia

A Consellería de Medio Rural publica no DOG do 24 de novembro o Decreto 411/2009, do 12 de novembro, polo que se declara a zona de especial protección para as aves da Limia.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
08/10/2009

Campaña de reciclaxe de móbiles "Mobilízate pola selva"

Campaña do instituto Jane Goodall que combina reciclar móbiles e colaborar con proxectos de educación ambiental e conservación de hábitats na República do Congo.



CEIDA colabora en Galicia con esta campaña del Instituto Jane Goodall

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
02/04/2009

Parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés

No DOG do 30 de marzo de 2009 publícase o Plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

Este Plan de ordenación dos recursos naturais ten como finalidade establecer un modelo de xestión que contribúa a alcanzar os obxectivos de conservación e ordenación do parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
31/03/2009

Uso e xestión do parque natural do Monte Aloia

O DOG do 31 de marzo de 2009 publica o Plan reitor de uso e xestión do parque natural do Monte Aloia.

Este plan é o instrumento de xestión dos recursos naturais do parque natural do Monte Aloia. Comprende 4 epígrafes:

a) Xustificación, categoría de protección e obxectivos.

b) Zonificación.

c) Medidas de xestión.

d) Desenvolvemento do Plan reitor de uso e xestión

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
16/03/2009

AUGA + MAR 2009

Auga + Mar é un programa de educación e promoción do voluntariado ambiental sobre o litoral e o medio mariño. Baixo este título propoñemos unha serie de actividades que acheguen aos mozos e mozas á práctica dos coñecementos adquiridos, no ámbito do ensino ou do coñecemento xeral, relativos ao mundo mariño, tanto na súa vertente ecolóxica como na etnográfica, mostrando as embarcacións antigas e tradicionais, as actividades extractivas no mar, a complexidade do ecosistema acuático e a biodiversidade mariña. Os destinatarios son rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
29/01/2009

Plataforma para a Defensa da Ribeira Sacra

Co obxectivo de parar os novos proxectos hidroeléctricos no Sil e Miño promovidos por Iberdrola e Unión Fenosa, varias asociacións e institucións preocupadas polo futuro da Ribeira Sacra decidiron unir esforzos nunha Plataforma para defender esta terra interior na que as vides, a paisaxe e o patrimonio histórico son os principais activos.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
21/01/2009

Plan de xestión do lobo en Galiza

No DOG do 20 de xaneiro de 2009 publícase o Plan de xestión do lobo en Galiza.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
16/01/2009

ENTRE MAREAS 2009

Entre mareas é un programa que busca achegar aos e ás estudantes de Galiza ao medio mariño do noso país, a través dunhas actividades pensadas para que coñezan e se conciencien do importante que é recuperar, conservar e manter o noso patrimonio marítimo. Estas actividades desenvolveranse en diversos espazos protexidos e privilexiados das nosas costas, tanto en terra como no mar. Os seus obxectivos son mostrar o valor do noso mar e das nosas costas, promover a educación ambiental, incidindo nos factores, actividades e comportamentos que interveñen na contaminación do mar, así como os seus custos e as consecuencias derivadas, identificar e valorar os principais recursos naturais dos nosos mares, coñecer o hábitat de milleiros de especies animais e vexetais das nosas rías, mostrar a repercusión económica do mar na nosa terra e sensibilizar á mocidade da necesidade de manter un desenvolvemento sostíbel no noso mar. Os destinatarios son escolares de 1.º e 2.º ciclo da ESO.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
12/01/2009

Os Penedos de Pasarela e Traba son declarados paisaxe protexida

A consellería de medio ambiente e desenvolvemento sostible declara paisaxe protexida os Penedos de Pasarela e Traba.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información
04/01/2009

VIVE EN DEFENSA DO MONTE GALEGO

Programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural e cultural galego, que promove o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á recuperación do noso monte. Todo isto, nun marco lúdico de convivencia entre escolares de diferentes centros galegos de ensino.

Imaxe do artigo ou noticia
Pulse para ampliar información

««   [1]   2   »»

Buscador
Acceso

Correo electrónico
Contrasinal



[Esqueciches o teu contrasinalOcultar]
Web da Consellería de Traballo e Benestar
Emancipación Joven
Rede galega de información xuvenil
Web Querote.org. Centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade.
Bolsas Leonardo da Vinci
Volangteer
X Certame Folk Radio Obradoiro
Residencias para a mocidade.
Xogo de Rol en Vivo: Irmandiños, A Revolta
Banner de acceso á web de Conciencia Solidaria
Portugués para nós


Parlamento Xove
Tarxeta Xove Caixa Galicia
 NSAIO
2009
Xunta de Galicia
Conselleria de Traballo e Benestar