|
03/04/2007
Revista Galega de Iniciación Científica
|
|
A Revista Galega de Iniciación Científica é unha publicación que, comezando a súa andaina en 2008, se concibe como un espazo de carácter anual e en-liña (con ISSN), que pretende cubrir a lacuna existente no que se refire ás posibilidades de publicación para aqueles que aínda se atopan no proceso formativo que os levará a se converter en futuros investigadores. Aínda que os artigos se incluirán progresivamente na revista conforme á súa recepción e aprobación polo comité científico, ao final de cada ano natural, os textos publicados na versión en-liña serán recollidos, xunto cos rexistros pertinentes, en formato cd-rom, dispoñibilizándose así para quen tiver interese pola súa adquisición.
|
|
|
04/04/2007
Serie 'Novas Monografías'
|
|
A Serie Novas Monografías consiste nunha colección que pretende dar cabida a traballos de maiores dimensións resultantes da producción científica da mocidade investigadora galega en calquera das áreas do saber. Ideada para dar saída a teses, traballos de investigación tutelados, traballos academicamente dirixidos e outras producións de carácter monográfico, a Serie irase completando progresivamente ao ritmo da recepción e aprobación dos textos enviados. Estes textos publicaranse inicialmente en-liña (cos correspondentes rexistros) abríndose a posibilidade de posterior edición en formato físico en función do caso.
|
|