Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

15/07/2008

XULLO: MES DE CULTURA EN BUEU

Imaxe do artigo ou noticia

Entra e coñece a programación cultural do Concello e de colectivos para o mes de XULLO en Bueu.

Pulse para ampliar información
15/07/2008

Últimos días para anotarse na Semana Moza do Porriño

Imaxe do artigo ou noticia

O prazo de inscrición para a Semana Moza, destinada a mozas e mozos de entre 12 e 17 anos, remata o 22 de xullo nas parroquias, e o 24 na oficina da OMIX. A concellaría de Mocidade do Concello do Porriño informa da celebración da Semana Moza no Porriño. A Semana Moza é unha actividade de lecer para a mocidade organizada pola concellaría de Mocidade do Concello do Porriño a través da súa OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)

Pulse para ampliar información
11/07/2008

"Castro Animado" en Cabana de Bergantiños

Imaxe do artigo ou noticia

Dentro da programación de verán destinada a xuventude, dende a omix de Cabana de Bergantiños, organizan en colaboración cos mozos/as que participan no programa multilateral, unha actividade denominada CASTRO ANIMADO. A idea é recrear parte da vida dos castrexos e que cada grupo de mozos organice algunha actividade (relatorio de lendas, teatro de sombras, relatorio de lendas e música, danzas tradicionais)...

Pulse para ampliar información
11/07/2008

III Festa do Río Miño en Salvaterra do Miño

Imaxe do artigo ou noticia

O programa verán cultural do concello de Salvaterra do Miño comeza o sábado día 2 de agosto coa III Festa do Río Miño que se prolonga o domingo día 3. Haberá concursos de fotografía, pesca e pintura, campionato de natación e o concurso de Tarecos.

Pulse para ampliar información
11/07/2008

Aberto o periodo para reservar praza na Escola Municipal de Teatro do Porriño

Imaxe do artigo ou noticia

A concellaría de Mocidade informa do inicio do periodo de reserva de prazas para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Teatro do Porriño. Existen prazas limitadas, polo que as reservas realizaranse por rigurosa orde de inscrición.

As reservas pódense formalizar até o vindeiro día 31 de Xullo na oficina da OMIX do concello porriñés, na planta baixa do Centro Cultural Municipal, en horario de 9:00 a 21:00 horas de luns a venres.

Pulse para ampliar información
10/07/2008

II Certame de Fotografía Viaxando

Imaxe do artigo ou noticia

O certame fotográfico sobre temática de viaxes, concederá un único premio consistente nunha cámara dixital. O Concello do Porriño informa, da celebración da 2ª Edición do Certame de Fotografía Viaxando.

Pulse para ampliar información
04/07/2008

Deu comezo o prazo de preinscrición para matricularse na Escola Municipal de Música do Porriño

Imaxe do artigo ou noticia

O Concello do Porriño informa de que do 1 ao 31 de Xullo permanecerá aberto o prazo de preinscrición da matrícula da Escola Municipal de Música do Porriño para o curso 2008 - 2009.

Este ano, igual que en anteriores edicións, intentarase poñer a disposición dos máis cativos e

cativas toda unha serie de instrumentos que a escola ten en propiedade, na medida das existencias e con carácter temporal.

Pulse para ampliar información
30/06/2008

ACTIVIDADES DE VERÁN EN VILAGARCÍA

Imaxe do artigo ou noticia

Acto: Campamento en Taboada (Lugo)

Programa: Campamentos Municipais.

Data de inicio: 27 de xullo.

Data final: 2 de agosto.

Lugar: Taboada (Lugo)

Prezo: 60 €

Prazo de inscrición: do 14 ao 16 de xullo en horario de 9.00 h. a 14.00 h.

Teléfono: 986099200 Ext.: 224

Observacións:Nenos/as de12 a 16 anos. Actividades náuticas, xogos de tempo libre na natureza, teatro, xogos, contacontos, etc....

Pulse para ampliar información
30/06/2008

Cursos de Verao para cativos na Escola Municipal de Música do Porriño

Imaxe do artigo ou noticia

O Concello do Porriño informa, de que a Escola Municipal de Música ofrece a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos, actividades de verán, todos os mércores en horario de mañá, entre os días 2 e 23 de xullo.

Pulse para ampliar información
27/06/2008

PLAN DE VERÁN EN NOIA

Imaxe do artigo ou noticia

O concello de Noia preséntanos a súa oferta de lecer e tempo libre, baseado nos deportes ao aire libre, destinado a mozos e mozas de todas as idades (de 0 a 100).

Pulse para ampliar información

««   [1]   2   »»

2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar