|
30/05/2007
EN QUE CONSISTE A REDE GALEGA DE INFORMACIÓN XUVENIL
|
|
É unha estrutura de carácter territorial destinada a articular e coordinar os esforzos e iniciativas, promovidos tanto por organismos públicos como por entidades privadas, sen ánimo de lucro, que vaian encamiñadas a prestar servicios de información e asesoramento ós xoves no ámbito da Comunidade Autónoma Galega.
Esta rede está regulada virtude do Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro (DOG nº 49 do 10 de marzo).
|
|
|
|
30/05/2007
Puntos municipais de información xuvenil e puntos de información xuvenil
|
|
O punto de información xuvenil é un servicio de información que pon directamente á disposición do público materiais informativos, subministrados na súa totalidade ou na maior parte polo centro coordinador ou polas oficinas municipais de Información Xuvenil no caso de que sexan puntos municipais de información xuvenil.
Poderán ser promovidos por persoas físicas ou xurídicas, a través de iniciativas públicas ou privadas sen ánimo de lucro, tendo por obxecto o exercicio de actividades de carácter informativo dirixidas á xuventude e prestadas directamente ó público.
|
|
|