Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

Saúde

27/03/2008

OBRADOIRO TAPERSEX EN LUGO

Imaxe do artigo ou noticia

Presentouse hoxe na Delegación Provincial de Lugo da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, o Obradoiro de tuppersex, que vai levar adiante o Centro Quérote desta cidade. Na rolda de prensa estiveron presentes Branca Rodríguez Pazos, Delegada Provincial de Lugo da Vicepresidencia , o Director Xeral de Xuventude e Solidariedade, Rubén Cela e as monitoras do obradoiro "tapersex". Os Obradoiros de tuppersex están baseados nas reunións tupper que dende os anos cincuenta se fan en todo o mundo. O que fai especial esta reunión Tupper é que os productos son xoguetes erótica e todos os seus complementos.

Pulse para ampliar información
03/01/2008

O centro Quérote imparte un obradoiro de sexualidade en Noia

Imaxe do artigo ou noticia

A rede de centros Quérote, da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade coorganiza co Concello de Noia un obradoiro de sexualidade os días 3 e 4 de xaneiro . Este obradoiro esta dirixido a mocidade deste concello e programouse en dúas sesións de dúas horas, cada unha delas. Celebrarase na Casa da Cultura de Noia. Esta dirixido aos mozos e mozas con idades comprendidas entre os 17 e os 25 anos.

Pulse para ampliar información
28/12/2007

OBRADOIRO DE SEXUALIDADE EN CARBALLO

Imaxe do artigo ou noticia

A rede de centros Quérote, da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade coorganiza co Concello de Carballo un obradoiro de sexualidade os días 27 e 28 de decembro . Celebrarase no Pazo da Cultura de Carballo. Participan  25 mozos e mozas da localidade.

Pulse para ampliar información
21/11/2007

Rubén Cela, Director Xeral de Xuventude, e Branca Rodríguez, Delegada Provincial da Vicepresidencia en Lugo, presentan a próxima campaña do QUÉROTE

Imaxe do artigo ou noticia

Esta nova campaña vaise centrar nunha labor informativa e de asesoramento, así como de divulgación do propio traballo realizado no centro Quérote, que se centrará por un lado nos centros de atención primaria e nos profesionais da saúde dos mesmos, e pola outra, nos centros educativos de ensino secundario e na universidade. Esta labor irá acompañada dunha campaña gráfica explicativa das prestacións ofertadas no centro.

Pulse para ampliar información
04/09/2007

AGORA TES CENTRO QUÉROTE EN SANTIAGO E EN LUGO!!

Imaxe do artigo ou noticia

Os Centros Quérote de Asesoramento Afectivo-sexual son unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade que se inicia coa creación do primeiro Centro en Santiago de Compostela. A rede de centros estenderase proximamente ás principais cidades galegas e os seus servizos vanse canalizar non só a través da rede, senón tamén a través dos Puntos de Información Xuvenil e e dos colexios e institutos.

Pulse para ampliar información
22/08/2007

ACTIVACIÓN DE RECURSOS AFECTIVO-SEXUAIS NO CONCELLO DE TEO E DODRO

Imaxe do artigo ou noticia

A rede de Centros de asesoramento afectivo - sexual para a mocidade Quérote, no transcurso da súa actividade ven detectando importantes eivas no eido das relacións afectivo- sexual da poboación, en especial do seu sector de poboación co que traballa: a mocidade. Estas eivas teñen síntomas claros, que a nivel cuantitativo se poden ler nas estatísticas de embarazos non desexados, IVEs ou de varias Enfermidades de Transmisión Sexual.

Pulse para ampliar información
18/08/2007

Xuventude instalará mañá en Boiro un stand informativo do centro Quérote para atender as consultas en materia afectivo e sexual da mocidade

Imaxe do artigo ou noticia

A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade achega ata Boiro un stand de asesoramento afectivo e sexual pertencente á rede de centros Quérote que se instalará mañá sábado 18 de agosto, no aparcadoiro da Praia Xardín, coincidindo co Festival O Revoltallo.

Pulse para ampliar información
14/08/2007

O Centro Quérote de Santiago recibiu 2.423 consultas sobre sexualidade durante o seu primeiro ano de vida

Imaxe do artigo ou noticia

Coincidindo co primeiro aniversario do centro Quérote de Santiago, a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade fixo a primeira avaliación anual do seu funcionamento. Así, pódese detallar que durante o primeiro ano de vida realizáronse 2.423 consultas, distribuídas segundo o medio a través do que foron feitas. De xeito presencial contabilizáronse 447 consultas, de maneira telefónica foron 375,On-line foron un total de 1.601 consultas. A evolución do volume de solicitudes de información pódese ver no número de consultas de xuño de 2006, un total de 108, fronte ás 382 consultas feitas en maio de 2007.

Pulse para ampliar información
10/08/2007

PRESENTACIÓN DA CARPA MÓBIL DO CENTRO QUÉROTE EN MONFORTE

Imaxe do artigo ou noticia

Rubén Cela visitou Monforte para facer a presentación ca carpa móbil da rede de centros de asesoramento afectivo _ sexual QUÉROTE, que este verán está a percorrer moitos lugares de Galiza. A carpa estará instalada o día 12 de agosto na vila de Monforte, na zona dos Escolapios en horario de 19 a 23 horas.

Pulse para ampliar información
28/03/2007

Piercings e tatuaxes; moito ollo!

Imaxe do artigo ou noticia

Se che apetece lucir unha tatuaxe ou un piercing, o máis importante de todo é que acudas a lugares que che garanticen as correctas medidas de hixiene e prevención de riscos, xa que do contrario te estarás expoñendo a contraer infeccións ou enfermidades perigosas, como a hepatite B e C ou a SIDA.

Pulse para ampliar información
Buscador
Acceso

Correo electrónico
Contrasinal



[Esqueciches o teu contrasinalOcultar]
Web da Vicepresidencia da Xunta de Galicia
Rede galega de información xuvenil
Web Querote.org. Centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade.
Web Gzcrea. Certame galego de creadores novos
Residencias para a mocidade.
Xogo de Rol en Vivo: Irmandiños, A Revolta
Banner de enlace á web de trivial.gz.
Banner de acceso á web de Conciencia Solidaria
Voluntaria de Activación Lingüística
Portugués para nós

 Voluntariado en defensa do Monte Galego
 leimocidade
 CAMPAMENTOS
2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar