|
19/05/2008
Protección da Comisión ante Videoxogos agresivos
|
|
|
O sector europeo dos videoxogos é un sector dinámico, cuns ingresos previstos de 7.300 millóns de euros para o final de 2008. Nembargantes, a inquietude social ante a posibilidade de que os videoxogos xeren comportamentos agresivos, agravada polos incidentes de tiroteos el escolas como sucedido en Helsinki (Finlandia) en novembro de 2007, levaron a diversas autoridades nacionais a prohibir ou bloquear videoxogos como <<Manhunt 2>>. Como resposta, a Comisión Europea ten estudado as medidas existentes para protexer aos menores dos videoxogos perxudiciais nos 27 Estados membros da UE. Vinte estados membros da UE utilizan actualmente PEGI (sigla inglesa de Información paneuropea sobre xogos), sistema de clasificación por idades desenvolvido pola industria co apoio da UE desde 2003.
|
|
|
05/11/2007
Préstamo para a compra de equipos informáticos
|
|
|
O Instituto de Crédito Oficial, convoca Investimentos Financiables para o chamado "Préstamo TIC" para a adquisición de equipamentos informáticos (hardware e soporte lóxico), así como aplicacións e servizos para o acceso a Internet en banda ampla. Tamén convoca o "Préstamo Mozos e Universitarios" e "Préstamo Cidadanía dixital": Adquisición ordenador con capacidade de conexión a Internet.
|
|