|
11/12/2007
CADERNOS DE VIAXE: A RIBEIRA SACRA I
|
|
|
A Ribeira Sacra abranxe un extenso territorio no interior de Galicia, onde se xuntan dous caudalosos ríos, o Sil e o Miño. Hoxe en día esta denominación corresponde a unha ampla extensión entre as provincias de Lugo e de Ourense. Son estes dous impresionantes cursos de agua os que lle dan un carácter particular a esta zona.
|
|
|
05/12/2007
CADERNOS DE VIAXE: A COSTA DA MORTE I
|
|
|
Esta non é unha guía convencional, en canto leas unha destas liñas xa te darás conta. Isto é un caderno de viaxe. Para entendernos, un caderno de viaxes é unha mistura entre un diario e unha guía. Unha narración con información mais desde un punto devista máis persoal. E sobre todo, tentando reducir o mínimo posíbel os gastos. Neste caderno ocuparémonos da Costa da Morte, un territorio que abranxe unha parte do litoral atlántico e as súas comarcas colindantes.
|
|
|
29/05/2007
PARQUE NATURAL COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO, LAGOAS DE CARREGAL E VIXAN
|
|
|
O complexo dunar e lacustre de Corrubedo é moi importante, a pesar da súa reducida extensón, por ser un enclave de condicións excepcionais para a flora e a fauna. A combinación de dunas móbiles que pechan a desembocadura de varios ríos e crean unha área de marismas e dúas lagoas, unha doce e outra salgada, permite a existencia de case 250 especies vexetais diferentes, algunhas endémicas e moitas delas hoxe en perigo de extinción. Foi declarado Parque Natural o 5 de Xuño de 1992.
|
|
|
29/05/2007
PARQUE NATURAL MONTE ALOIA
|
|
|
O Monte Aloia é, sen dúbida, un dos espazos naturais de máis interese na comarca do Baixo Miño, xunto co Esteiro do Miño. É o úncio espazo que conta coa declaración de "Parque Natural". Esta declaración efectuouse en decembro de 1.978, o que marcou un antes e un despois na protección da natureza en Galiza, pois foi o primeiro Parque Natural declarado no País.
|
|
|
29/05/2007
PARQUE NATURAL BAIXA LIMIA-SERRA DO XURÉS
|
|
|
Un dos principais atractivos deste parque natural é a súa grande variedade de paisaxes. Mestúranse serras escarpadas con outras máis suaves. Aquí, o granito é o protagonista, e destacan os pequenos regatos que discorren entre as rochas, e que en ocasións se descolgan en fervenzas e saltos de auga, ou recorrendo bosques cheos de vida.
Debido ás dúas rexións de flora europea que se dan cita neste parque, a eurosiberiana e a mediterránea, a variedade de vexetación é moi elevada. Temos tanto árboares caducifolias (carballos e bidueiras) alternando con outros de folla perenne, como as sobreiras ou piñeiros.
|
|
|
29/05/2007
OS ESPAZOS NATURAIS EN RÉXIME DE PROTECCIÓN XERAL
|
|
|
Segundo a Lei de Conservación da Natureza (9/2001), son aqueles espazos que conteñan elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debido á acción e evolución da natureza como á actividade humana, e que fosen declarados como tales.
|
|
|
29/05/2007
Centros de Educación Ambiental en Galiza
|
|
|
Por todo o terrerritorio galego distribúense centros de Educación Ambiental e Aulas de Natureza coa misión de servir de guías no coñecemento daquelas zonas nas que se ubican e dar a coñecer a grande variedade e riqueza paisaxística, de flora e fauna do noso país. Sirven ao visitante para recabar información desa área e normalmente teñen ao seu redor roteiros sinalizados ou incluso guiados.
|
|
|
29/05/2007
TURISMO ACTIVO EN GALIZA
|
|
|
O noso país posúe todos os condicionantes para se converter no destino preferido para os amantes do turismo activo. Mil trescentos quilómetros de costas, cadeas montañosas que nalgún punto superan os dous mil metros de altitude, espazos naturais protexidos, ríos de augas bravas, encoros, paredes de escalada e unha estación de esquí, converten a nosa rexión no lugar ideal para saltar en parapente, realizar rutas, abrir novas vías de escalada ou descender un río en calquera das súas modalidades: ráfting, hidrospeed ou kaiak. Non debedes esquecer que a práctica destas actividades deportivas na natureza comportan un certo risco e un equipamento especial.
|
|
|
29/05/2007
PARQUE NATURAL O INVERNADEIRO
|
|
|
A mediados dos 50, os montes do Invernadoiro, antigo señorío feudal de nobres e eclesiásticos, pasan a propiedade de Papeleira Españolaola S.A., empresa que inicia as primieras grandes repoboacións forestais que completan a súa excelente riqueza de flora. A medidados do verán de 1981, un enorme incendio converteu en cinzas esta reserva forestal. No 1984 os terreos son adquiridos pola Xunta que os declara refuxio de caza e pesca. Posteriormente, en xuño de 1997 é convertido en Parque natural. Localízase no Macizo Central Ourensano, delimitado entre os ríos de Ribeira Grande e Ribeira Pequena, abranguendo os concellos de Vilariño de Conso, Chandrexa de Queixa, Laza e Castrelo do Val. O seu clima é unha mestura entre oceánico e mediterraneo, con temperaturas suaves no verán e fríos no inverno. As precipitacións son abundantes.
|
|
|
29/05/2007
ACAMPAR EN GALIZA
|
|
|
Segundo o Decreto 236/1985 prohíbese a acampada libre pero está permitida a acampada itinerante, que é aquela que, respectando os dereitos de propiedade e o uso do solo, cumpre cunha serie de requisitos.
|
|
|