|
11/05/2007
DE VIAXE... A SAÚDE TAMÉN O PRIMEIRO.
|
|
|
En España podes obter asistencia sanitaria con só presentar a tarxeta sanitaria, pero se viaxas fóra de España lembra que é moi importante ter unha cobertura adecuada.
|
|
|
22/05/2007
OLLO COAS VACINAS!!
|
|
|
Ao viaxar ao estranxeiro, en especial cara países de Asia, África, Centroamérica e América do Sur, convén saber qué vacinas son obrigatorias e cales recomendábeis, require a adopción de toda unha serie de medidas preventivas, entre estas está, desde logo, a vacinación. Así pois, os viaxeiros e viaxeiras deben considerar tres grandes grupos de medidas preventivas: a primeira fai referencia a estilos de vida ou pautas de conduta (estos están relacionados cos aspectos alimentarios (auga e alimentos), con evitar as picaduras de mosquitos e outro artrópodos, para o cal deberás utilizar produtos repelentes, telas mosquiteiras..., a prevención de enfermidades de transmisión sexual e outras medidas relacionadas cos baños en auga doce ou salgada e coa altura do lugar para a nosa aclimatación). A segunda é a potencial necesidade de profilaxis do paludismo ou malaria, aínda non existen vacunas, polo que é necesario inxerir certos fármacos antes, durante e despois da viaxe. Por último temos que falar das vacinacións a recomendar.
|

|
|
11/06/2008
Portal Viaxar por Europa 2008
|
|
|
"Viajar por Europa 2008" é un novo portal oficial da Unión Europea para os que viaxen a calquera dos 27 países da UE. Tanto si a viaxe é de vacacións ou de negocios, a Web ofrece consellos prácticos e suxestións útis sobre varias cuestións, como documentos que se van a precisar, cando e mellor viaxar, consellos sobre o desprazamento, cómo obter a Tarxeta Sanitaria Europea, ou como usar o móbil; ademais de enlaces as páxinas webs das oficinas nacionais de turismo da U.E.
|
|