Logotipo oficial do sistema de informacion multicanle xuventude.net
 

Áreas

somos os galegos teleadictos? ti cantas horas pasas diante do televisor?
1. MOITO máis de seis horas diarias
2. O NORMAL entre 2 e 3 horas ao día
3. MOI POUCO ou nada menos de unha hora

04/01/2008

RENDA BÁSICA DE EMANCIPACIÓN

Imaxe do artigo ou noticia

En qué consiste? Os mozos e mozas entre 22 e 30 anos poderán recibir 210 euros mensuais para o pagamento do aluguer da súa vivenda habitual durante un máximo de catro anos e 600 euros de empréstimo que se poden utilizar para a fianza. Ao finalizar o contrato de aluguer ou cando deixe de recibir a renda de emancipación, deberás devolver esta cantidade. Se se precisa aval, 120 euros para os gastos da súa tramitación.

Que condicións hai que cumprir?Ter entre 22 e 30 anos. Dispoñer dunha fonte regular de ingresos que non superen os 22.000 euros brutos anuais. Isto inclúe aos traballadores por conta propia ou allea, aos bolseiros de investigación e aos perceptores de prestación de desemprego ou dunha pensión por incapacidade. Se os teus ingresos mensuais non superan os 1.500 euros netos, poderás acollerte á axuda. Tamén deberás acreditar unha vida laboral de alomenos 6 meses de antigüedade, inmediatamente anterior ao momento da solicitude, ou unha duración prevista da fonte de ingresos de alomenos 6 meses contados desde o día dda súa solicitude. Se estiveches traballando durante os últimos 6 meses a comprobación realizarase directamente coa Seguridade Social, ou se nos próximos 6 vas a estar traballando e recibindo ingresos de forma regular, deberás aportar o contrato. O outro requisito é ser titular do contrato de aluguer, que debe estar ao teu nome ou ser un dos firmantes, Os estranxeiros non comunitarios deben contar coa residencia legal permanente no Estado español.

Pulse para ampliar información
27/11/2007

Renda Básica de emancipación dos mozos e mozas

Imaxe do artigo ou noticia

Real Decreto 1472/2007 de 2 de novembro que regula a Renda Básica de emancipación dos xoves. Créase a renda básica de emancipación consistente nun conxunto de axudas directas do Estado destinadas ao apoio económico para o pago do aluguer da vivenda que constituía o enderezo habitual e permanente.

Pulse para ampliar información
04/10/2007

BONO-VIVENDA: bolsas para aluguer de vivenda destinadas a estudantes de ciclos formativos

Imaxe do artigo ou noticia

A Consellería de vivenda e solo, convoca un procedemento de concesión de bolsas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a paliar os gastos derivados do aluguer de vivenda por parte de estudantes de ciclos formativos da formación profesional inicial como consecuencia da dispersión xeográfica da oferta formativa

Pulse para ampliar información
05/06/2007

CONSELLOS ANTES DE ASINAR UN CONTRATO DE ALUGUER.

Imaxe do artigo ou noticia

Quen vai ser o noso caseiro ou caseira? o ideal é que nos informemos sobre que persoa exactamente nos aluga o piso ou apartamento. Para isto podemos acoder ao Rexistro da Propiedade, onde nos facilitarán a información ao respecto. Hai que ter coidado coas situacións de subarrendamento, polo que teremos que comprobar en que condicións imos subscribir o contrato e se o intermediario ten autorización ou non do propietario/a para alugalo, así evitaremos sorpresas desagradábeis.

Pulse para ampliar información
01/06/2007

PROGRAMA DE VIVENDA EN ALUGUER

Imaxe do artigo ou noticia

O Programa de Vivenda en Aluguer regulase polo Decreto 48/2006 e a normativa que o desenvolve. O obxectivo é mobilizar vivenda baleira con garantías para os propietarios e pór esa vivenda a disposición das persoas con máis dificultades a través de alugueres subvencionados.

Poden beneficiarse desta liña de axudas todas as persoas sen límite de idade cuxos ingresos ponderados non superen os 15.000 euros anuais. O obxectivo é que ningún inquilino destine máis do 30% dos seus ingresos a pagar o aluguer, o resto é subvencionado pola Administración cunha axuda que pode chegar ata o 80% do custe total do aluguer. O inquilino pode percibir a axuda durante un prazo máximo de 5 anos.

Pulse para ampliar información
Buscador
Acceso

Correo electrónico
Contrasinal



[Esqueciches o teu contrasinalOcultar]
Web da Vicepresidencia da Xunta de Galicia
Rede galega de información xuvenil
Web Querote.org. Centro de asesoramento afectivo-sexual para a mocidade.
Web Gzcrea. Certame galego de creadores novos
Residencias para a mocidade.
Xogo de Rol en Vivo: Irmandiños, A Revolta
Banner de enlace á web de trivial.gz.
Banner de acceso á web de Conciencia Solidaria
Voluntaria de Activación Lingüística
Portugués para nós

 Voluntariado en defensa do Monte Galego
 leimocidade
 NSAIO
2007
Xunta de Galicia
Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar